7 abr 2019

EXCURSIÓN AO MELGA!

A semana pasada tivemos a sorte de visitar o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia). Trátase dunha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado cos xogos e deportes tradicionais e coa historia do xoguete. No que ademáis de aprender os nosos nenos e nenas tamén tiveron a oportunidade de levar a cabo diferentes xogos de tempos pasados.

Consta de dúas salas. Nunha móstranse a maioría dos xogos e deportes tradicionais de Galicia, doutras comunidades autónomas españolas. E na outra exponse, cronoloxicamente, dende a prehistoria ata os nosos días, a evolución histórica dos xogos e deportes a través dos tempos e das civilizacións.













































No hay comentarios:

Publicar un comentario

CABAZAS 3 E 4 ANOS

CABAZAS 5 ANOS

CABAZAS 1º

AS CABAZAS DE 2º