13 ene 2019

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS EN CEE!

Este venres, despois de dous aprazamentos debido ao mal tempo tivo lugar no campo Sampaio de Refoxos do concello de Cee a carreira de campo a través. En representación do noso cole acudiu a clase de segundo de educación primaria, que participou na categoría benxamín. 

Os centros participantes, ademáis do noso, foron: Manuela Rial Mouzo, Eugenio López, Canosa-Rus, Asociación Deportiva Olimpia (Cee), IES Terra de Soneira, Praia de Quenxe, Os Muíños, Nosa Señora do Carmen, Mar de Fóra, Baíñas, Santa Eulalia, Cabo da Area, San Vicenzo de Vimianzo e Pedra da Aguia.

A continuación mostrase o percorrido a realizar, no caso dos nosos nenos consistiría nunha volta ao percorrido A:


O noso viaxe comezaba con emoción e nervios no propio bus:









Unha vez alí atopámonos cos demáis alumnos e alumnas dos demáis centros, por sorte fixo un tempo bastante bo para as datas nas que nos atopamos:

Nas primeiras carreiras da mañá tocoulle á cstegoría benxamín, de maneira que o noso alumnado non tivo que esperar moito para comezar a proba, primeira correron as nenas e despois os nenos:

















Toda a clase se esforzou ao máximo e deu o mellor de si, ademáis de pasalo en grande con esta experiencia que é o importante. Independentemente do resultado para nós sodes todos uns campións!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

CABAZAS 3 E 4 ANOS

CABAZAS 5 ANOS

CABAZAS 1º

AS CABAZAS DE 2º