O pasado venres celebramos no colexio o magosto e pasámolo xenial!
Primeiro comendo as ricas castañas con visita incluida de nais e pais e despois facendo diferentes xogos coas propias castañas:
Un dos xogos consistía en tratar de manter unha castaña entre dúas persoas coa frente se que caese ao chan:
O seguinte xogo consistía en poñer a proba a puntería e tratar de encestar nos nosos particulares comecastañas:
Outro xogo para poñer a proba a precisión dos nenos e nenas consistía en intentar deixar o máis cerca posible dun cono unha castaña:
E o último xogo consistía en transportar unha castaña nunha cuchara que había que levar na boca:
No hay comentarios:
Publicar un comentario