Tivemos a visita da mamá de Karen, que nos vén falar dos costumes navideños en Colombia.
Alí o Nadal empeza o 7 de decembro, con la noche de las Velitas, todas as familias se reúnen e acenden velas.
Ademais do 16 ao 24 de decembro rezan a Novena de Aguinaldos, van de casa en casa rezando e cantando panxoliñas. Nove días rezando ata o nacemento do neno Xesús.
Alí non hai Reis, é o neno Xesús quen lles leva os regalos aos nenos e llos deixa na súa cama.
Ademáis, o 31 de decembro ás 12 da noite queiman un boneco feito de trapos vellos e recheo de pólvora, para que todo o malo, quede atrás co ano que remata.
Pero, a conclusión foi que alí danlle moita importancia a compartir o pouco que teñen con todos os veciños e son datas moi relixiosas.
Grazas por vir, Zoraida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario