As letras galegas deste ano 2019 dedícanse a Antón Fraguas, que foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario.
Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galegae cronista xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía.
Para celebralo tivemos a sorte de contar coa visita de Anxo Moure, escritor, contacontos e ecopacifista. Pasámolo xenial con él! Aquí vos deixamos algunhas fotos dese día: