Onte tivemos unha visita moi especial que nos foi anunciando que o día 17 de maio celebraremos o día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Carlos Casares.
Estivo con nós Lorena, a nai de Miguel, que nos contou o relato de Carlos Casares titulado
O Peixe da fonte do xardín do libro A Galiña Azul.
Gustounos tanto o conto que ao rematar queríamos máis. Moitas gracias por todo, esperamos que ti tamén disfrutaras tanto coma nós.
Agora teremos que esperar a semana que ven para para descubrir que novas historias de Carlos Casares nos traerán as demais familias...
No hay comentarios:
Publicar un comentario