Nesta ocasión visitáronnos dúas mestras que estiveran no noso centro en anos anteriores para contarnos as aventuras da mascota da nosa Biblioteca polo mundo adiante, cunha serie de cancións e dramatizacións creadas por elas mesmas. Dendo o CEIP Os Muiños de Muxía e o CEIP As Bizocas do Grove, e acompañadas do seu alumnado, deleitáronnos cun sinfín de cantarelas e dramatizacións. Esperamos que vos gusten!
Páginas
▼
Simulacro de Incendio no CEIP Virxe da Barca
Esta semana deixámosvos unhas instantáneas do simulacro de incendio que tivo lugar no CEIP Virxe da Barca case a finais do primeiro trimestre!
12 ene 2016
Samaín 2015
Nesta ocasión deixamos á vosa disposición unhas instantáneas tomadas durante a celebración do Samaín no colexio. Contamos cun pequeno festival a cargo das diferentes clases do centro e na clase de 3 e 4 anos contamos coa visita dunha maga moi particular que fixo as delicias dos máis pequerrechos! Ademais, o centro organizou un pequeno concurso de cabazas para mostrar nunha pequena exposición as grandes creacións do alumnado do centro!
Magosto 2015
Nesta ocasión deixámosvos unhas fotos tomadas o día do Magosto! Unha gran xornada que pasamos comendo as tradicionáis castañas asadas, desfrutando de música en directo, dunha "Oda á Castaña" interpretada polas nenas e nenos de 1º e 2º na Biblioteca e duns xogos populares no ximnasio do colexio.