30 nov 2015

Despois do paso dalgunhas datas sinaladas no que levamos de curso deixámosvos algunhas fotos como resumo dos case tres primeiros meses de clases. Os primeiros días dos máis pequenos, así como a celebración do Samaín, con terroríficas cabazas creadas polas alumnas e alumnos do noso centro con axuda dos seus achegados; do Magosto, no que as nais e pais tamén participaron e tomaron parte e no que tamén os máis pequenos levaron a cabo unha pequena xornada deportiva coa castaña como protagonista; e por último, unhas fotografías do simulacro de incendio do día 20 deste mes. Esperamos que vos gusten!

Subiremos as fotografias por orde de acontecementos nas seguintes entradas! Saúdos!

7 sept 2015

Comezo de Curso 2015/2016

Xa estamos de volta coas pilas ben cargadas para comezar o novo curso cheos de enerxía!

O martes día 08/09/2015 teremos as reunións de nais, pais e titores xunto coas mestras e mestres do centro. A primeira reunión terá lugar nas aulas correspondentes ás 11.30 horas para os cursos de Educación Infantil mentres que a reunión correspondente ao nivel de Educación Primaria terá lugar na aula de 1º e 2º curso ás 12.30 horas do mesmo día.

Aproveitamos tamén para comentarvos que xa podedes pedir as axudas para material escolar para o presente curso. Podedes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace do DOG:


Deixámosvos tamén o enlace directo da sede electrónica da Consellería para que poidades acceder directamente ao documento que debedes cubrir á hora de solicitar as axudas:


Unha vez que entredes neste último enlace bastará con premer sobre o modelo de solicitude, imprimilo, cubrilo e entregalo no centro.

Saúdos!

29 jun 2015

MATERIAL 4 ANOS (TODO CO NOME POSTO)

- 1 MANDILÓN DE ABROCHAR POR DIANTE, GOMAS NOS PUÑOS E CINTA NO CUELLO PARA COLGAR NA PERCHA. - 1 VASO DE PLÁSTICO DURO PARA BEBER. - 1 PAQUETE DE 500 FOLIOS BRANCOS DIN A-4, 80 GRS. - 1 CARTOLINA GRANDE BRANCA. - 2 CARTOLINAS GRANDES DE CORES.

24 jun 2015



LISTA LIBROS DE EDUCACIÓN INFANTIL (CURSO 2015/16).
  • 3 ANOS:
- CALDEIRÓN, GRAFOMOTRICIDADE 1. 
ANAYA EDUCACIÓN. ISBN: 978-84-667-6630-2.
 
- CALDEIRÓN, MATEMÁTICAS, 1. 
EDITORIAL ANAYA. ISBN: 978-84-667-7541-0.

- INGLÉS: OXFORD PLAYSCHOOL STARTER CLASS BOOK. 
C. SELBY. ISBN: 9780194734066.



  • 4 ANOS:

- CADERNO DE ESCRITURA Nº1 DE “O PAÍS DAS LETRAS”. 
TAMBRE EDELVIVES. ISBN: 84-263-5778-4.

- CADERNO DE ESCRITURA Nº2 DE “O PAÍS DAS LETRAS”. 
TAMBRE EDELVIVES. ISBN: 84-263-5779-2.

- CALDEIRÓN, MATEMÁTICAS 2. 
EDITORIAL GRUPO ANAYA. ISBN: 978-84-667-7542-7.

- INGLÉS: OXFORD PLAYSCHOOL A CLASS BOOK. 
C. SELBY. ISBN: 9780194734080.

15 abr 2015

XA SE PODE IR ENTREGANDO A DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

- Certificado de empadroamento.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria (ambas caras)
- Fotocopia da folla de vacinas.
- 4 fotografías tamaño carné.
- Certificado médico de enfermidades ou alerxias coñecidas.
- Autorización de saídas didácticas. (Dispoñible no centro)
- Autorización de imaxe. (Dispoñible no centro)
- Impreso cuberto de matrícula (Dispoñible no centro).
ADMISION DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O ANO: 2015/2016

1 LUACES PÉREZ, AURELIANA 

2 ROMAR HAZ, MAR

3 TRILLO MOUZO, IRIA 

4 VIGO BÚA, JOEL 

5 ARIZA VILELA, ROI 

6 BARRIENTOS MARCOTE, JOEL 

7 FUMANYA LÓPEZ, BÁRBARA 

16 mar 2015

MATRÍCULA 2015-16

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (Curso 2015-16).

  • Prazo de presentación das solicitude de admisión: 1-23 de Marzo. (Amplíase o prazo por mor dos festivos)

    O modelo de solicitude está á súa disposición no propio centro escolar e na dirección: http://www.edu.xunta.es/web/node/14293 (Anexo II). 
     Coa solicitude deberá achegarse copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia, para acreditar a súa idade.

  • Data de publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido:antes do 15 de Maio.

  • Prazo para formaliza-la matrícula: 20-30 de xuño.

  • Normativa que regula o proceso: Orde do 12 de marzo de 2013.

  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro deberá comunicalo ó centro de orixe.

Excursión fábrica Camariñas

https://picasaweb.google.com/112688481422506996489/VISITAAFABRICADECAMARINAS?authkey=Gv1sRgCMTE54ean7Tt5AE#6125699313451800754

30 ene 2015

Actuación dos nenos/as de 4 e 5 anos


Música de Mamá Cabra: "Xa me tardan estes magos". Canción utilizada con fins pedagóxicos.

Actuación dos nenos de 3 anos


Aquí podedes ver a actuación dos nenos/as de 3 anos, interpretando a canción de Mamá Cabra "Buscando Papá Noel a árbore de Nadal".
(Música utilizada con fins pedagóxicos)

CABAZAS 3 E 4 ANOS

CABAZAS 5 ANOS

CABAZAS 1º

AS CABAZAS DE 2º