20 feb 2013
CARNAVAL 2013: DESFILE POLA VILA
A continuación vos amosamos o ben que o pasamos os nenos e nenas do VIRXE DA BARCA disfrazados de corviños e corviñas percorrendo como cada ano a vila. Acompañáronnos tamén os máis pequerrechos: os alumnos da gardería, así como papás, mamás, avós e avoas e todos os que se quixeron unir á festa. Premede na seguinte ligazón.https://picasaweb.google.com/112688481422506996489/Carnaval2013?authkey=Gv1sRgCOKU2cKa8LKDUQ#slideshow/5846796871634499490
17 feb 2013
ENTROIDO 2013
E NA SEGUINTE LIGAZÓN PODEREDES VER ALGUHAS FOTOS DA FESTA DE ENTROIDO DO COLE.https://picasaweb.google.com/112688481422506996489/ObradoiroCarnaval201302?authkey=Gv1sRgCNG4rOzaqPsr#slideshow/5844908715486041426
6 feb 2013
OS NENOS E NENAS DE MUXÍA MANDAMOS BICOS POLA PAZ
Hai bicos de todos tipos: saltareiros, voadores, trotamundos e de cores. Tamén os hai de tódolos tamaños e de diferentes sabores. Os dos nenos de Muxía saben de marabilla. Pero tivemos claro que os de papá e mamá son os que nos gustan máis. Houbo bicos para amigos, para os profes e ata para Senegal! O día da PAZ no C.E.I.P Virxe da Barca bicámonos, abrazámonos, bailamos e cantamos para que todos e todas vivamos sempre en PAZ e que iso se contaxie ao resto do mundo. AQUÍ TEDES AS FOTOS.https://picasaweb.google.com/112688481422506996489/BICOSPOLAPAZ?authkey=Gv1sRgCLWz9riEwtDEgwE#slideshow/5841781615551881810

Suscribirse a:
Entradas (Atom)