Páginas

21 dic 2011

FICHAS DE ROQUE PARA ESCRIBIR MELLOR



Nos botóns de abaixo podedes imprimir as fichas ou descargalas ao ordenador.

14 dic 2011

O NACEMENTO DO VIRXE DA BARCA




Este Nadal, no noso cole tivemos un pequeno problemiña. Cando quixemos montar o tradicional Belén decatámonos de que faltaba o Neno Xesús. Como saberedes tamén, recentemente tivemos un nacemento. Roque e Barca tiveron a Roquiño, que naceu do seu ovo.


Para solucionar tan grave problema pedimos axuda a Roque e a súa familia, que estiveron encantados de colaborar para que non nos quedásemos sen Belén. Mirade que ben o fixeron!




5 dic 2011

Retratos de primeiro


Como en primeiro estivemos investigando sobre o noso corpo, comezamos facendo os nosos retratos.
A que saímos todos moi guapos?

2 nov 2011

Roquiño e o rato


Conto de Roque para repasar as letras vogais

Roque e as cores do arco da vella


Un conto para aprender grazas a Roque cales son as cores do arco da vella.

8 sept 2011

VOLTA AO COLE!!

O vindeiro martes día 13 de setembro


darán comezo as clases.


O horario será reducido,


de 10.00 horas a 13.00 horas.

27 jul 2011

Excursión de fin de curso


E...por fin o vídeo da excursión de fin de curso!!!

PINTANDO O PATIO DE PRIMARIA


Despois duns problemiñas técnicos, velaquí o vídeo do novo patio de primaria. Máis vale tarde ca nunca! Grazas a Gonzalo e ás mamás da A.N.P.A. que encheron de alegría o noso patio.